Atrásase o tempo frío en Norteamérica

warmtempsna_cci_960Créditos da imaxe: Climate Reanalyzer, CCI, U. Maine
Explicación: por que está tan morno na Norteamérica setentrional? Normalmente durante esta época do ano (mediados de novembro) as temperaturas medias son como moito 30 graos máis frías. Europe non está a ter un quecemento semellante. Un factor semella ser unha rexión de altas presións estrañamente grande e estable que se formou sobre Canadá, que está a manter ao aire do ártico, normalmente máis frío, a raia. Aínda que a causa fundamental de calquera comportamento climático é normalmente complexa, especúlase con que esta rexión anticiclónica persistente canadiana está relacionada está relacionada co maior quecemento das temperaturas superficiais do mar no Pacífico medio (a corrente El Niño) que aconteceu o inverno pasado. Os norteamericanos deberían gozar mentres dure, quizais outra semana ou dúas. Despois diso, as temperaturas máis frías cá media están a rexistrarse no Pacífico medio (a corrente La Niña) ben poderían comezar a afectar aos patróns de temperaturas e ventos de Norteamérica.