Súper Lúa contraposta a micro Lúa

supermicromoon_paduraru_960Créditos a imaxe e copyright: Catalin Paduraru
Explicación: que ten de “súper” a superlúa de mañá? Mañá, haberá unha lúa chea que semella lixeiramente máis grande e brillante do normal. A razón é que a faxe completamente alumeada ocorre pouco despois do perixeo; cando a Lúa está no lugar máis preto da Terra na súa órbita elíptica. Aínda que as condicións precisas que definen unha superlúa varían, a superlúa de mañá pode culificarse sen ningunha dúbida como tal porque será a Lúa chea máis achegada, grande e brillante nuns 65 anos. Unha razón da popularidade das superlúas débese a que son sinxelas de ollar; só tes que saír de casa no solpor e ollar como se ergue unha impresionante lúa chea! Como realmente o perixeo ocorre mañá pola noite, a lúa chea desta noite, que comeza no solpor, tamén debera ser impresionante. Na fotografía, compáase unha superlúa de 2012 cunha microlúa (cando ocorre a Lúa chea preto da parte máis afastada da órbita da Lúa) polo que semella máis pequena e tenue do normal. Segundo as diferentes definicións, polo menos acontece unha superlúa cada ano, con outra que virá o vindeiro mes. Porén, unha Lúa chea non estará tan preto da Terra de novo deica 2034.