A gran fenda preto do centro da Vía Láctea

mw_all_900x1775vandreoCréditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Explicación: unhas 100 imaxes con telescopio deste espectacular mosaico vertical abarcan uns 50 graos que atravesan o ceo nocturno. Seguen parte da Gran Fenda, o río escuro de po e gas molecular que se espalla ao longo do plano da nosa galaxia Vía Láctea. Comeza por arriba no centro e percorrerás o ecuador galáctico cara abaixo ao través das estrelas máis brillantes das constelacións Aquila, Serpens Cauda e Scutum. No fondo está Sagittarius preto do centro da Vía Láctea. Ao longo do camiño atoparás moitas nebulosas escuras a centos de anos luz de distancia flanqueadas por franxas de luz estelar da Vía Láctea mailo desvelador brillo avermellado das rexións de formación estelar. Os obxectos Messier que destacan inclúen as nebulosas da Aguia (M16) e Omega (M17), a Nube Estelar Sagittarius (M24), a fermosa Trífida (M20) e a fonda Lagoa (M8).