Arp 299: buratos negros de galaxias en colisión

arp299_nustarhubble_960Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, GSFC, Hubble, NuSTAR

Explicación: trátase só dun burato negro ou dous que están a cuspir radiación de alta enerxía? Para averigualo, os astronomos apuntaron aos telescopios da NASA que orbitan a Terra NuSTAR e Chandra sobre Arp 299, as enigmáticas galaxias en colisión que expulsan a radiación. As dúas galaxias Arp 299 están trabadas nunha loita gravitational desde hai millóns de anos, mentres os seus buratos negros centrais pronto loitarán entre eles. Na publicación, a imaxe de alta resolución en luz visible foi tirada polo Hubble, mentres que o brillo difuso superposto de raios X foi tomado polo NuSTAR e amosado en cores simuladas vermella, verde e azul. As observacións do NuSTAR amosan que só un dos buratos negros centrais está a loitar ao seu xeito ao traés dunha rexión de gas e po; e absorbendo polo tanto materia e emitindo raios X. A potente radiación, procedente só do centro da galaxia da dereita, seguramente é creada polo achegado, pero no exterior, horizonte de eventos do burato negro central. Máis ou menos en mil millóns de anos só ficará unha única galaxia composta e só un burato negro central supermasivo. Aínda que pouco despois pode entrar na loita outra galaxia.