Aurora pantasma sobre Canadá

ghostaurora_takasaka_960Créditos da imaxe e copyright: Yuichi Takasaka, TWAN
Explicación: a que se che parece esta aurora? Ao afrontar o frío para ollar os ceos por riba do Canadá setentrional nunha madrugada de 2013, apareceu unha aurora moi estraña. Realmente a aurora semellaba ter a forma de algo pero, que? Dúas posibilidades pantasmais rexistradas polo astrofotógrafo foron “meiga” e “deuxa do mencer”, pero pregámosvhe que te sintas ceibe para suxerir as túas propias impresións inspiradas no Samaín. A pesares de todas as interpretacións de fantástica pareidolia, a aurora fotografada ten unha cor verde típica progada seguramente pola acción cientificamente típica de partículas de alta enerxía procecedentes do espazo interaccionando co osíxeno da atmosfera superior da Terra. No primeiro plano da imaxe, abaixo, están a fervenza de Alexandra Falls conxelada, coas árbores perennes atravesando o centro.