Nubes preto do polo sur de Xúpiter desde Juno

jupiter1_juno_960Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SwRI, MSSS; Procesado e CC-BY: Alex Mai
Explicación: que está a acontecer preto do polo sur de Xúpiter? As fotografías recentes enviadas pola sonda espacial Juno da NASA están a amosar un amoreamento interesante de nubes xiratorias e o que parecen ser óvalos brancos. Juno chegou a Xúpiter en xullo e está a situarse nun órbita ampla e en bucle que a levará preto do xigante gasoso (e sobre os seus polos) unhas dúas veces por mes. A imaxe publicada é unha composición tirada pola JunoCam e procesada despois dixitalmente por un espelido científico-cidadán. Os óvalos brancos olláronse noutros lugares de Xúpiter e pénsase que son sistemas tormentosos xigantes. Observouse que duran anos, amosando normalmente unha category 5 con ventos de velocidades duns 350 quilómetros por hora. Ao contrario que os ciclóns e os furacáns terrestres nos que os ventos rápidos circulan por rexións de presións baixas, os óvalos brancos de Xúpiter teen direccións de rotación que indican que son anticiclóns; vórtices centrados en rexións de altas presións. Juno continuará a orbitar Xúpiter unhas trinta veces máis mentres grava datos gravitacionais, espectrais e ópticos que axudarán a determinar a estrutura maila evolución de Xúpiter.