Aurora aguia sobre Noruega

eagleaurora_jorgensen_900Créditos da imaxe e copyright: Bjørn Jørgensen
Explicación: que é iso do ceo? Unha aurora. Aconteceu unha gran exección de masa coroal do noso Sol cinco días antes de que se tirase esta foto en 2012, guindando unha nube de electróns, protóns e ións en rápido movemento cara a Terra. Aínda que a maior parte desta nube pasou por riba da Terra, parte bateu na nosa magnetosfera terrestre e resultou en auroras espectaculares que se ollan nas latitudes setentrional máis altas. Aquí publícase unha coroa auroral particularmente fotoxénica captada sobre Grotfjord (Noruega). Para algúns, este brillo verde escintilante de osíxeno atmosférico recombinándose coma unha gran aguia, pero sé ceibe de compartir que che parece a ti. Aínda que xa pasou o máximo solar, o noso Sol segue a amosar actividade ocasional que crea auroras impresionantes na Terra visibles só a última semana.