Ronseis de cerro Tololo

tafreshitololo200mmchile16trail-scCréditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN), AURA
Explicación: na primeira hora do luar do serán as luces dun coche deixaron un ronsel abandoado ao longo da estreda que leva ao chileno Observatorio. Inter-americano de Cerro Tololo. As estrelas que se poñen deixan os seus ronseis abandoados no ceo. A tranquila imaxe cara o horizonte montañoso foi captado con teleobxectivo nun vídeo secuencia e unha imaxe tirados desde o achegado Cerro Pachon, fogar do Gemini Sur. A clara e longa liña de visión que permite o cumio do punto de observación atravesa capas de atmosfera. A cambiante refracción atmosférica varia e perturba os doutro xeito camiños aparentemente tranquilos das estrelas mentres se poñen. Ese efecto tamén provoca a aparencia distorsionada do Sol e a Lúa mentres se erguen ou se ocultan preto dun horizonte afastado.