Lúa chea na sombra da montaña

fullmoonrisemaunakeashadowgregchavdarian1024Créditos da imaxe e copyright: Greg Chavdarian
Explicación: o 15 de outubro, ao ficar preto do cumio do Mauna Kea de Hawaii e ollar ao contrario dun espectacular solpor produciuse esta instantánea magnífica dunha Lúa Chea erguéndose no interior da sombra dun volcán. Na escena espectacular captouse un aliñamento ao través do Sistema Solar e unha aparente contradición da Lúa brillante na sombra escura. A aparencia triangular dunha sombra proxectada polo perfil irregular dunha montaña é normal. É creada pola perspectiva do afastado cumio ollado ao través da atmosfera densa. O punto solar, que se ergue mentre o Sol se pon, ou punto oposto ao Sol está preto do punto de converxencia da perspectiva preto do cumio da sombra da montaña. Pero estendéndose na dirección antisolar, a sombra cónica da Terra só ten uns poucos diámetros lunares de anchura á distancia da Lúa. Por iso a Lúa chea dos cazadores de outubro aínda está a reflectir a luz solar que se olla ao través da sombra atmosférica da montaña pero que se atopa demasiado lonxe do punto antisolar e da sombra estendida da Terra como para ser eclipsada.