O tulipán no cisne

tulipnebula_sho_pugh1024Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh
Explicación: esta vista telescópica, marco dunha rexión brillante de emisión, olla ao longo do plano da nosa galaxia Vía Láctea cara a constelación, rica en nebulosas, Cygnus o Cisne. A nube brillante de po e gas interestelar, coñecido popularmente coma nebulosa do Tulipán, tamén se atopa no catálogo de 1959 do astrónomo coma Sh2-101. A uns 8.000 anos luz de distancia e con 70 anos luz de diámetro a complexa e fermosa nebulosa florea no centro da imaxe composta. As cores vermella, verde e azul cartografan a emisión procedente dos átomos de osíxeno, hidróxeno e xofre ionizados. A radiación ultravioleta  das estrelas novas e enerxéticas do bordo da asociación Cygnus OB3, incluíndo á estrela O HDE 227018, ioniza os atomos e potencia a emisión de luz visible da nebulosa do Tulipán. HDE 227018 é a estrela brillante moi achegada ao arco azul do centro do tulipán cósmico.