Un foguete Atlas V transporta a OSIRIS-REx



Créditos do vídeo e copyright: United Launch Alliance, NASA
Explicación: algunha vez ollaches a un foguete despegar cara o Sistema Solar? O mes pasado un foguete Atlas V grande despegou desde o Complexo de Lanzamentos 41 en Florida levando á nave espacial ORISIX-REx. Esta sonda automática tentará aterrar no asteroide Bennu e traer de volta algo do seu solo á Terra. O asteroide 101955 Bennu que orbita ao Sol preto da Terra, cuns 500 metros de diámetro, é escuro porque a súa superficie está cuberta de carbono; habendo unha posibilidade de 1 entre 2500 de que bata coa Terra nos vindeiros milleiros de anos. O emocionante vídeo de 2,5 minutos amosa ao foguete Atlas V sendo enrolado, preparado e despegando; completado cunha curta dos propulsores laterais afastándose. Se as cousas transcorren consonte ao plan, a ORISIS-REx chegará a Bennu en 2018 e traerá de volta mostras á Terra en 2023. Un obxectivo científico de OSIRIS-REx é determinar mellor se as antigas colisións entre a Terra e os asteroides carbonáceos coma Bennu aportaron ao noso planeta cantidades significativas de auga e moléculas orgánicas necesarias para o desenvolvemento da vida.