Observatorio Gemini Norte

gn_pv_tl_star_trails_dark_final1024Créditos da imaxe e copyright: Joy Pollard (Observatorio Gemini)
Explicación: psemella un platiño voador, pero esta estrutura tecnoloxicamente avanzada non está aquí para liberar a intelixencia extraterrestre da película de ciencia fición clásica The Day the Earth Stood Still (N.T. “Ultimátum a la Tierra”). Máis ben, está aquí para aumentar o noso coñecemento do Universo. Shown sitting near the top of a mountain in Hawaii, A cúmula do Observatorio Gemini Norte , como se amosa preto do cumio dunha montaña en Hawaii, alberga un de dous telescopios idénticos de 8,1 metros de diámetro. Empregado co seu xémeo do hemisferio meridional en Chile, os dous teñen acceso ao ceo completo desde o planeta Terra. A imaxe, construída a partires de 85 exposicións con 30 segundos de duración cada unha cunha cámara fixa a un trípode, tamén amosa de xeito claro que a Terra nin fica queta. Axustada para ser lixeiramente máis brillante ao final dos seus arcos, os ronseis estelares concéntricos centrados no polo norte celeste son un reflexo da rotación da Terra ao redor do seu eixo. Preto do horizonte na latitude hawaiana, Polaris, a estrela do norte, fai o ronsel máis curto. A foresta máis densa e máis tenue de ronseis estelares cara a dereita están na Vía Láctea que se está a erguer.