Eclipse lunar penumbral

Olla a explicación. Movendo o cursor sobre a imaxe obterás unha versión anotada. Premendo na imaxe terás a maior resolución dispoñible.

Créditos da imaxe e copyright: Robin Lee
Explicación: paréceche diferente esta Lúa? Aínda amosándose nun espectacular detalle, a faciana completa do satélite máis familiar da Terra semella lixeiramente máis escura do usual, en particular na parte superior esquerda, porque está a sufrir unha eclipse lunar penumbral. A imaxe captouse en Hong Kong (China), o 16 de setembro cando a Lúa cruzaba ao través de parte da sombra da Terra; pero non a sombra máis escura onde a Terra oculta por completo ao Sol. Unha eclipse lunar só pode ocorrer durante unha lúa chea, e moita xente coñece esta lúa chea en particular como a lúa das Colleitas pola súa proximidade ás colleitas no hemisferio norte. A vindeita lúa chea terá lugar este domingo. Algunhas culturas refírense a ela coma a Lúa da Folla que Cae, alcumada pola sua proximidade ao outono setentrional. A segunda lúa chea no mesmo mes denomínase ás veces como a lúa azul; na mentres, este mes amosa unha estraña segunda lúa nova, un acontecemento coñecido coma unha lúa negra.

Descarga de balde (coas fases lunares): calendario APOD 2017: fotografías da NASA