O furacán Iván desde a Estacíón Espacial

ivan_iss_960Créditos da imaxe: tripulación da Expedición 9, Estación Espacial Internacional, NASA
Explicación: preto do noventa por cento das casas de Granada foron danadas pola forza destrutiva do furacán Iván. No seu máximo de 2004, Iván foi un furacán de categoría 5, a categoría de máxima potencia na escala Saffir-Simpson, e creou ventos sostidos con máis de 200 quilómetros por hora. Iván foi o furacán máis potente que bateu nos EUA en 2004 e un dos máis fortes nos rexistros históricos. Mentres xiraba no océano Atlántico, o tremendo ollo do furacán Iván foi fotografado por arriba pola Estación Espacial Internacional en órbita. O nome Iván foi xa retirafo para o seu uso no océano Atlántico pola Organización Meteorolóxica Mundial. Este mes, o furacán Matthew devastou parte de Haití e está actualmente a dar voltas xusto por fóra da costa leste dos EUA.