Lúa, Mercurio e Radio ao solpor

Créditos da imaxe e copyright: Pierluigi Giacobazzi
Explicación: compartindo o crepúsculo do mencer coa Lúa o 29 de setembro, Mercurio estaba tan afastado do Sol coma podía, o planeta máis interno preto da súa elongación máxima nos ceos do planeta Terra. Nesta escena chea de cor o flotante Mercurio está unido a un cuarto minguante lunar alumeado polo Sol e a parte escura da Lúa alumeada pola Terra, a Lúa Nova nos brazos da Lúa Vella. Por baixo está a Estación Radioastronómica de Medicina italiana preto de Bolonia cunha fileira baixa de antenas que forman parte do primeiro complexo de radiotelescopios de Italia alcumado a “Cruz do Norte” e o plato parabólico de 32 metros de diámetro. Por suposto, os observadores da Lúa non terán que madrugar o 8 de outubro. Tralo solpor a Lúa estará alta e brillante nos ceos da noite, na súa fase de cuarto crecente para a Noite Internacional de Observación da Lúa.