A Trífica, a Lagoa e Marte

lagoon-and-mars_nouroozi1024Créditos da imaxe e copyright: Mohammad Nouroozi
Explicación: as nebulosas brillantes e os cúmulos estelares deste amplo campo de vista de 5 graos son paradas populares nas xiras telescópicas pola constelación Sagittarius e os ateigados eidos estelares da Vía Láctea central. M20, catalogada polo astrónomo francés Charles Messier do século XVIII, a nebulosa Trífida e M8, a gran nebulosa Lagoa, están na parte superior esquerda e o centro. Ámbalas dúas son rexións de formación estelar ben coñecidas a uns 5.000 anos luz de distancia. Xusto pasando polo mesmo campo de vista o 29 de setembro, a estrela amarelada aliñada con M8 e M20 na parte inferior dereita é realmente Marte, preto dos 8,8 minutos luz da Terra nesa data. A distancia case equivale a 1 unidade astronómica ou a distancia da Terra ao Sol. Marte está sobreexposto na imaxe, coas puntas de difracción que se ven creadas polos soportes dos espello do telescopio. Por suposto, Marte era coñecido desde hai moito tempo vagando polos ceos nocturnos do planeta Terra.