O niño da nebulosa Aguia

eaglenebula_hendren_960Créditos da imaxe e copyright: Chris Hendren
Explicación: que rodea a famosa nebulosa Aguia? O interior da nebuosa Aguia contén ovos (glóbulos gasosos evaporándose) que normalmente se atopan nos enormes piares de gas e po nos que se forman as estrelas. Aínda que esta imaxe capta de xeito espectacular a área que rodea a nebulosa Águia, amosando non so á forma da Águia completa senón tamén volumes enormes de gas brillante e po escuro. Catalogada coma M16, a nebulosa de emisión atópase a uns 6.500 anos luz de distancia e pode ollarse con prismáticos cara a constelación da Serpe (Serpens). A imaxe abarca uns 80 anos luz ao redor da nebulosa. O icónico centro da nebulosa Aguia foi o foco de moitos esforzos de observación tanto desde observatorios terrestres como en orbitais.

VOLVE AstroGalicia16: a festa galega das estrelas. Do 7 ao 9 de outubro en Castrelo de Miño.