Explora o cometa Rosetta

Créditos da imaxe: Science Office, ESA
Explicación: Wcomo sería voar ao redor dun núcleo cometario? Para averigualo, so tes que agardar a que o teu navegador compatible con WebGL cargue un dmodelo dixital polo miúdo do cometa 67P e despois: explora! Cun rato normal, o botón esquerdo permite rotar o cometa, o botón dereito permite moverte ao redor do cometa e a roda central permite amplialo. A nave espacial automática Rosetta da ESA orbitou ao cometa C67/P Churyumov-Gerasimenko desde mediados de 2014 ata o venres pasado, cando despois dunha misión notable e exitosa, deixouse caer de xeito intencionado sobre a superficie e apagouse. Entre outros logros científicos relevantes, a Rosetta permitiu á humanidade mellorar a comprensión de onde se forman os chorros cometarios dos cometas mentres se achegan ao Sol.

VOLVE AstroGalicia16: a festa galega das estrelas. Do 7 ao 9 de outubro en Castrelo de Miño.

Ciencia transparente: navega polos máis de 1.350 códigos da Astrophysics Source Code Library