O mapa do camiño da eclipse total solar de agosto de 2017

TSE2017usa_espenak_1080Créditos da imaxe: Fred Espenak (GSFC da NASA), MrEclipse.com, Google Maps
Explicación: gustaríache ollar unha eclipse total de Sol? Se ser así, tes algún amigo ou familiar vivindo preto do camiño da vindeira eclipse de verán? Se novo respondes afirmativamente, entón poderías querer organizar unha visita de un ano desde hoxe. O vindeiro ano nesta data exacta, o camiño dunha eclipse total solar cortará xusto polo centro dos Estados Unidos continentais. Toda a Norteamérica e parte de Sudamérica experimentará, polo menos, unha eclipse solar parcial. Aqui publícase un mapa do camiño da totalidade, calculado polo experto en eclipses Fred Espenak do GSFC da NASA. Moitas persoas que ollaron unha eclipse solar total contan historias sobre el o resto das súas vidas. O último camiño de totalidade solar que incluíu calquera parte dos EUA continentais foi en 1979 e os vindeiros dous serán en 2024 e 2044.

Amplíaun mapa interactivo do camiño da eclipse.