Os meteoros das perseidas sobre o monte Shasta

PerseidsRadiant_Goldpaint_960Créditos da imaxe e copyright: Brad Goldpaint (Goldpaint Photography)
Explicación: de onde proveñen todos eses meteoros? En termos de dirección celeste, a resposta é a constelación de Perseus. Iso é porque a chuvia de meteoros que chega ao seu máximo a finais desta semana coñécese como as perseidas; todos os meteoros semellar vir desde un radiante que apunta a Perseus. Aínda que en termos de corpo orixe, os refugallos do tamaño de area que orixinan os meteoros das perseidas veñe do cometa Swift-Tuttle. O cometa segue unha órbita ben definida ao redor do Sol, e a parte que se achega á Terra está superposta pon perseo. Polo tanto, cando a Terra cruza esta órbita, o radiante que seguen os restos que caen mira a Perseus. A imaxe composta que se publica aquí, que contén uns 60 meteoros da chuvia de meteoros dasperseidas do agosto pasado, amosa moitos meteoros brillantes que deixan a súa marca sobre o monte Shasta (California, EUA). As perseidas deste ano promete ser a mellor chuvia de meteoros do ano.