Raios anticrepusculares sobre Colorado (ii)

Anticrep02_Kelly_960Créditos da imaxe e copyright: Regina Kelly
Explicación: que está a acontecer sobre o horizonte? Aínda que a escena pode semellar dalgún xeito sobrenatural, nada estraño está a ocorrer máis que un solpor e algunhas nubes ben situadas. Arriba fotografáronse os raios anticrepusculares. Para entendelos, comeza por debuxar os comúns raios crepusculares que se ollan en calquera momento no que a luz solar se esparexe entre nubes espalladas. Agora, aínda que a luz do Sol viaxe ao longo de liñas rectas, as proxeccións desas liñas sobre o ceo esférico forman círculos máximos. Por tanto, os raios crepusculares procedentes dun ssol poñéndose (ou amencendo) semellarán re-converxer na outra beira do ceo. No punto anti-solar a 180 graos ao redo do Sol, referímonos a eles coma raios anticrepusculares. Aquí publícase unha exhibición particularmente espectacular dos araios anticrepusculares que se fotografaron a comezos deste mes en Westminster (Colorado, EUA).

Deja vu: raios anticrepusculares sobre Colorado (I)