Animación sobre a evolución galáctica

Créditos do vídeo: Donna Cox (AVL NCSA/U. Illinois) et al., NASA‘s GSFC, AVL, NCSA
Explicación: como evolucionou o universo a partires dun comezo quedo? Para comprendelo mellor, cosmólogos computacionais maila NASA produciron o vídeo-secuencia de animación que se amosa representando unha simulación informática de parte do universo. A simulación de 100 millóns de anos luz comeza uns 20 millóns de anos despois do Big Bang e transcorre ata o presente. Tran un comezo quedo, a gravidade fai que os amoreamentos de materia conformen galaxias que de xeito inmediado empezan a precipitarse unhas cara outras. Axiña, moitas delas condensan en filamentos longos mentres outras se fusionan violentamente dentro de enormes e quentes cúmulos de galaxias. Ao investigar sobre os atributos potenciais do universo en simulacións coma esta obtívose axuda para darlle forma ao deseño de enxeñería do Telescopio Espacial James Webb, que actualmente ten programado o seu despegue a finais de 2018.