IC 5067 na nebulosa Pelícano

PelicanIC5067close_colombari_q100_watermark1024Créditos da imaxe e copyright: DatosSubaru Telescope (NAOJ), R. Colombari, ProcesadoRoberto Colombari
Explicación: a destacada crista de emisión publicada nesta paisaxe celeste definida e chea de cor catalógase coma IC 5067. Parte dunha nebulosa de emisión máis grande cunha forma moi distintiva e chamada popularmente a nebulosa Pelícano, a crista abarca uns 10 anos luz seguindo a curva da cabeza e o pescozo do pelicano cósmico. Esta imaxe en cores falsas tamén traduce o agochado brillo das estreitas liñas de emisión dos átomos da nebulosa nunha paleta de cor que se fixo popular nas imaxes do Telescopio Espacial Hubble das rexións de formación estelar. As formas escuras e fantásticas que habitan o amplo campo de medio grao son nubes de gas frío e po esculpidos polos ventos e a radiación procedentes das estrelas quentes e masivas. Os primeiros planos das nubes esculpidas amosan signos claros de estrelas recén formadas. A propia nebulosa Pelícano, catalogada coma IC 5070, está a uns 2.000 anos luz de distancia. Para topala, olla ao norleste da brillante estrelar Deneb na constelación de altos voos Cygnus.