NGC 5078 e amigos

NGC5078-LRGBhager1024Créditos da imaxe e copyright: Dietmar Hager, Eric Benson
Explicación: este definido campo de vista telescópico conta con dúas galaxias brillantes. A espiral barrada NGC 5101 (arriba á dereita) e o sistema NGC 5078, case de canto, afastados no ceo por uns 0,5 máis ou menos a anchura aparente dunha lúa chea. Ámbalas dúas, dentro dos límites da serpeante constelación Hydra, estímase que están a uns 90 millóns de anos luz de distancia e cun tamaño semellante a nosa propia gran galaxia Vía Láctea. De feito, se as dúas estiveran á mesma distancia que a súa separación proxectada estarían a só uns 800.000 anos luz máis ou menos. Iso é facilmente menos cá metade da distancia entre a Vía Láctea e a galaxia Andrómeda. NGC 5078 está a interactuar cunha galaxia compañeira máis pequena, catalogada coma IC 879, que se olla xusto á esquerda do núcleo brillante da galaxia máis grande. Incluso aínda hai galaxias máis afastadas espalladas polo fondo do colorido campo. Algunhas poden olalrse xusto ao través do disco de NGC 5101. Pero as estrelas con puntas que chaman a atención están no primeiro plano, ben dentro da nosa propia Vía Láctea.