Halo desde Atacama

halo_pano_beletskyCréditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Carnegie Las Campanas Observatory, TWAN)
Explicación: Influídos polo potente El Niño, do Pacífico, os ceos anubrados fixéronse máis presentes esta estación no elevado deserto Atacama de Chile, ao respecto da súa reputación como paraíso dos astrónomos. As cúpulas dos telescopios xémeos Magallanes de 6,5 metros do Observatorio Carnegie Las Campanas, situados nun dos lugares máis escuros e secos do planeta Terra, estaban pechados o 13 de maio. Aínda así, o primeiro cuarto de Lúa e estrelas brillantes alumaban esta panorámica paisaxe celeste nocturna, co disco lunar arrodeado por un halo fermoso e brillante. O radio angular do halo é de 22 graos. O ángulo, que non ten que ver nin coa fase nin o brillo da Lúa, está establecido pola xeometría hexagonal dos cristais de xeo atmosféricos que reflicten e refractan o luar. Nesa noite, a estrela brillante xusto no interior do radio do halo era, en realidade, o planeta Xúpiter. Flanqueando o halo no extremo esquerdo está Sirio, a estrela máis brillante, con Arturo á dereita.

Participa: realiza unha Aesthetics & Astronomy Survey (Exploración Estética e Astronómica)