A ISS e tamén Mercurio

mercury-transit-2016-50legaultcCréditos da imaxe e copyright: Thierry Legault
Explicación: os tránsitos de Mercurio son relativamente raros. O pausado evento de 7,5 horas de duración do luns foi só o segundo dos 14 tránsitos de Mercurio deste século XXI. Aínda que se estás disposto a viaxar, os tránsitos da Estación Espacial Internacional (ISS) poden ser máis frecuentes e moito máis rápidos. Esta definida composición a partires de fotogramas dun vídeo foi tomada desde unha localización ben escollida en Filadelfia (EUA). Segue á estación espacial internacional, que se move desde a parte superior dereita ata a inferior esquerda, mentres cruzaba o disco do Sol en 0,6 segundos. Tamén Mercurio está incluído como a silueta case estacionaria, pequena e redonda, xusto por baixo do centro. En tamaño aparente, a Estación Espacial Internacional érguese en maior tamaño desde á órbita baixa terrestre, uns 450 quilómetros desde Filadelfia. Mercurio estaba a uns 84 millóns de quilómetros de distancia. (Nota do editor: o espectacular vídeo inclúe outro tránsito dobre, Mercurio e un avión Pilatus PC12. Incluso máis rápido que a ISS para cruzar o Sol, a aeronave estaba a 1 quilómetro de distancia).