Erguendo o espello do telescopio Webb trala súa ensamblaxe


Créditos da imaxe: NASA‘s GSFC, Francis Reddy, Syneren Technologies
Explicación: con todos os respectoa para o Hubble; aquí chega o Telescopio Espacial James Webb (JWST). O JWST promete ser o novo telescopio máis potente do espazo. No mes pasado, o espello primario bañado en ouro de 18 segmentos do JWST foi desvelado. No vídeo secuencia que se publica, tirado a semana pasada, o espello de 6,5 metros de diámetro foi erguido a unha posición vertical. A emocionante secuencia de 30 segundos amosa aos enxeñeiros da NASA supervisando a proba mentres as luces da sala se reflicten con forza na superficie do espello, altamente reflectiva. Os espellos de berilio foron recubertos cunha lámia fina de ouro para facela máis reflectiva á luz infravermella. Os obxectivos científicos do JWST inclúen o estudo do funcionamento do universo temperá e as propiedades dos planetas que orbitan as estrelas achegadas. Debido ao grande tamaño do espello, será pregado para o lanzamento e despois, asumindo que todo vaia como está planificado, despregarase de novo, nunha emocionante manobra, no espazo. O JWST, unha misión conxunta das axencias espaciais dos EUA, Europa e Canadá, está programado actualmente para ser lanzado a finais de 2018.