Tránsito de Mercurio: unha estraña mancha sobre o Sol

mercurytransit_cortner_960Créditos da imaxe e copyright: David Cortner
Explicación: que vén a ser ese punto sobre o Sol? Se ollas ben é case perfectamente redondo. O punto é o resultado dun estraño tipo de eclipse solar que ocorreu en 2006. Normalmente é a Lúa terrestre a que eclipsa o Sol. Desta volta, foi a quenda do planeta Mercurio. Coma o achegamento da Lúa nova antes dunha eclipse solar, a fase de Mercurio foise facendo de xeito continuo un cuarto minguante cada vez máis fino mentres o planeta avanzaba cara un aliñamento co Sol. Ao final, a fase de Mercurio diminuiu ata cero e a mancha escura do planeta cruzou a nosa estrela. A situación podía ser etiquetada tecnicamente coma unha eclipse anular cun anel de lume extraordinariamente grande. Desde enriba das chairas cheas de cráteres do lado nocturno de Mercurio, a Terra aparecería na súa fase completa. Horas máis tarde, mentres Mercurio continuaba na súa órbita, unha fase lixeiramente crecente apareceu de novo. Isto foi hai dez anos; a vindeira eclipse solar mercuriana ocorrerá mañá.