Os tres mundos de TRAPPIST-1

This artist’s impression shows an imagined view from the surface one of the three planets orbiting an ultracool dwarf star just 40 light-years from Earth that were discovered using the TRAPPIST telescope at ESO’s La Silla Observatory. These worlds have sizes and temperatures similar to those of Venus and Earth and are the best targets found so far for the search for life outside the Solar System. They are the first planets ever discovered around such a tiny and dim star. In this view one of the inner planets is seen in transit across the disc of its tiny and dim parent star.Créditos da ilustración: ESO / M. Kornmesser

Explicación: hai tres novos mundos que están a orbitar a estrela anana ultrafría TRAPPIST-1, a tan só 40 anos luz de distancia. Os seus tránsitos detectáronse por primeira vez polo telescopio automático belga TRAnsiting Planets and Planetesimals Small Telescope, TRAPPIST (N.T.: Pequeno Telescopio de Planetas e Planetesimales en Tránsito), no Observatorio La Silla do ESO en Chile. Os exoplanetas recén descubertos son semellantes en tamaño á Terra. Debido a que orbitan moi achegados á súa pequena e feble estrela, poderían ter zonas nas que a temperatura superficial permitira a presenza de auga líquida, un ingrediente chave para a vida. A súa abraiante proximidade á Terra convírteos en candidatos de primeira orde para futuras exploracións con telescopio das atmosferas destes planetas potencialmente habitables. Os tres mundos aparecen nesta imaxe artística, unha escena imaxinada preto do horizonte do planeta máis exterior do sistema. Por suposto, o planeta máis interior está a transitar a estrela nai, feble, avermellada e de tamaño semellante a Xúpiter.