Secuencia dun tránsito de Mercurio

MercuryTransit_Dierick_960Créditos da imaxe e copyright: Dominique Dierick
Explicación: o vindeiro luns, Mercurio cruzará por diante do Sol, desde o punto de vista da Terra. Denominado tránsito, a última vez que esto aconteceu foi en 2006. Como o plano da órbita de Mercurio non coincide exactamente co plano da órbita da Terra, normalmente Mercurio semella pasar por riba ou por baixo do Sol. A secuencia de imaxes superior, sobreposta sobre un só fotograma, foi tirada desde un balcón belga e amosa o tránsito copmpleto do 7 de maio de 2003. A travesía solar durou unhas cinco horas, polo que as 23 imaxes de enriba foron tiradas cada 15 minutos máis ou menos. O polo norte do Sol, a órbita da Terra maila órbita de Mercurio, aínda que diferentes, ocorren todos en lugares lixeiramente por riba e á esquerda da imaxe. Preto do centro e no extremo dereito poden ollarse manchas solares. Despois do luns, o vindeiro tránsito de Mercurio ocorrerá en 2019.

Cobertura da NASA: tránsito solar de Mercurio do 9 de maio de 2016