Contemplando o Sol

sunsilhouettes_gilbert_960Créditos da imaxe e copyright: Steven Gilbert
Explicación: contemplaches a túa estrela recentemente? Tal e como se amosa aquí, un Sol eclipsado parcialmente na parte superior esquerda pola Lúa é ollado asemade eclipsado polos terrestres que contemplan a eclipse desde abaixo. En 2012, desde o a Área Recreativa Nacional de Glen Canyon preto de Page (Arizona, – UEUA), captouse un rebumbio espectacular de siluetas onde astrónomos e gardas do parque explicaban o estraño evento aos interesasdos. Tamén pode ollarse sobre o disco do Sol, xusto na parte inferior dereita do disco escuro da Lúa, un grupo de manchas solares. Aínda que unha eclipse parcial solar eclipse pola Lúa é de certo unha boa ocasión para contemplar o Sol, unha gran oportunidade (e unha que é realmente máis rara) ocorrerá a vindeira semana cando o Sol experimente unha eclipse parcial polo planeta Mercurio.