NGC 7635: a nebulosa Burbulla

ngc7635bubble_hubble26_1024Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Heritage Team (STScI / AURA)
Explicación: esta aparición interestelar, inchada polo vento procedente dunha estrela masiva, ten unha forma abraiantemente familiar. Catalogada coma NGC 7635, tamén se coñece simplemente coma a nebulosa Burbulla. Aínda que semella delicada, a burbulla de 7 anos luz de diámetro ofrece evidendia do funcionamento de procesos violentos. Por riba e á esquerda do centro da Burbulla hai unha quente estrela de tipo O, varios centros de milleiros de veces máis luminosa e unhas 45 veces máis masivo có Sol. Un fero vento estelar e unha intensa radiación procedentes desa estrela rebentaron a estrutura do ventro brillante contra o material máis denso nunha nube molecular ao redor. A intrigante nebulosa Burbulla e o complexo de nubes asociado atópase a só uns 7.100 anos luz de distancia cara a fachendosa constelación Cassiopeia. Esta definida e sedutora vista da burbulla cósmica é unha composición de datos do Telescopio Espacial Hubble de 2016, publicada para celebrar o 26º aniversario do lanzamento do Hubble.

Celebración: o día do planeta Terra