Do Setestrelo á Cruz do Sur


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.
Créditos da imaxe e copyright: Petr Horálek
Explicación: benvidos a unha noite ecuatorial. Esta destacada paisaxe do ceo nocturno de 24 fotogramas foi captada desde a praia Maba na illa indonesia de Halmahera durante a noite do 4 de marzo. Olladas desde só 0,7 graos de latitude norte, ámbolos dous asterismos famosos setentrional e meridional e as axudas á navegación atópanse na mesma vista panorámica. O Setestrelo está no extremo esquerdo e a Cruz do Sur no extremo dereito. Nesa noite, máis alá da fogueira apagándose fórmase un triángulo celeste amarelo-alaranxado con Marte, Antares e Saturno. Fica por riba da Vía Láctea central que está a saír, ou “Miett” na lingua local de Maba. Por suposto que podes seguir as estrelas que sinalan ao polo na parte superior do Setestrelo ou o corpo da Cruz do Sur ata os polos celestes norte e sur. Ámbolos dous están xusto no horizonte nesta visión desde a praia ecuatorial da illa.