A espada mailo cinto de Orión sobre o cumio do Teide

OrionTeide_Tejedor_960 Créditos da imaxe e copyright: César e Carlos Tejedor
Explicación: a parte meridional de Orión, a famosa constelación e o mítico cazador, aparece posando de xeito bastante pintoresco aquí sobre un volcán famoso. Diante da coste noroeste de África, nas illas Canarias, o cumio nevado do Teide é un dos volcáns máis grandes da Terra. As luces dun grupo que planea chegar co cume do Teide antes do mencer poden verse por baixo da cima do volcán. Nesta composición de exposicións tomadas desde o mesmo sitio unha noite do mes pasado, poden ollarse xusto por riba do cumio as tres estrelas do icónico cinto de Orión, mentres a famosa nebulosa de Orión e o resto da espada de Orión poden ollarse máis alá da ladeira esquerda do volcán. Tamén pode ollarse na imaxe de longa duración do ceo a nebulosa Cabeza de Cabalo, vista coma unha fenda escura na nebulosa de emisión vermella á esquerda do cinto, e a nebulosa da Chama, evidente xusto por riba e á dereita da Cabeza de Cabalo.