O solsticio do equinoccio ao cubo

SolsticeEquinoxCube_Nagy1024Créditos a imaxe e copyright: Olivér Nagy
Explicación: esta longa exposición de 3 meses empaquetou nunha caixa os días desde o 22 de decembro de 2015 ata o 20 de marzo. Denominada solarigrafía, a imaxe pouco convencional e despregada gravouse cunha cámara estenopeica feita a partires dun contedor con forma de cubo, cos seus lados cubertos con papel fotográfico. Fixa nun único lugar para toda a exposición, a sinxela cámara rexistrou o camiño do Sol ao través dos ceos húngaros. Cada día gravou un ronsel brillante no papel fotosensible. Desde o curto e baixo, ata o longo e alto, os ronseis seguen a progresión desde o solsticio de inverno ata o equinoccio de primavera. Como é natural, os ocos escuros nos ronseis diarios do Sol son provocados pola cuberta de nubes. Os días soleados producen os rastros rastros brillantes máis continuos.