Un pintoresco solpor de equinoccio

EquinoxSunset_Christen_960Créditos da imaxe e copyright: Roland Christen
Explicación: que hai ao final da estrada? O Sol. Moitas cidades teñen rúas que atravesan de leste a oeste e, en dous días do ano, o Sol érguese e ponse xusto polo medio. Hoxe é un deses días: un equinoccio. Non só é hoxe un día coas mesmas horas de luz que de escuridade (“aequus”-“nox”), tamén é o día no que o sol amence xusto polo leste e se pon xusto polo oeste. Aquí amósase unha estrada pintoresca ao noroeste de Illinois (EUA), que transcorre aproximadamente de leste a oeste. A imaxe foi tirada fixo hoxe un ano, durante o equinoccio de marzo de 2015, e amosa ao Sol baixando cara a estrada no solpor. En moitas culturas, este equinoccio de marzo tómase como o primeiro día dunha estación, normalmente a primavera no hemisferio norte da Terra, e o outono no sur. Vai a túa rúa favorita de leste a oeste? Esta noite no solpor, dunha ollada rápida, poderás averigualo realmente.