O W de Cassiopeia


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Explicación: un esquema familiar en zigzag, con forma de W, da constelación meridional Cassiopeia é perfilado polas cinco estrelas brillantes deste amplo mosaico cheo de cor. Estendéndose uns 15 graos polos ricos campos estelares, a escena celeste inclúe nubes escuras, nebulosas brillantes e cúmulos de estrelas ao longo da Vía Láctea. Aínda así aparece destacada en cores amarelas-laranxas a estrela Shedar, alfa de Cassiopeia. A estrela xigante amarelada é máis fría có Sol, cunhas 40 veces o diámetro solar e tan luminosa que brilla intensamente na noite terrestre desde os seus 230 anos luz de distancia. A brillante Gamma Cas, unha estrela masiva que rota rapidamente no centro do W, está a uns 550 anos luz de distancia. A azulada Gamma Cas é moito máis quente có Sol. A súa intensa e invisible radiación ultravioleta ioniza aos átomos de hidróxeno das nubes nnterestelares da veciñanza para producir emisión H-alfa vermella e visible, cando os átomos se recombinan cos electróns. Como é natural, os observadores nocturnos situados no sistema estelar Alpha Centauri tamén verían o perfil recoñecible das estrelas brillantes de Cassiopeia. Pero desde a súa perspectiva, a tan só 4,3 anos luz de distancia, ollarían ao noso Sol coma unha sexta estrela brillante en Cassiopeia, estendendo o deseño en zig-zag xusto máis alá do bordo esquerdo desta imaxe.