Cometa achegado e a Gran Nube de Magallanes

LMC252P_160316Tilbrook1024Créditos da imaxe e copyright: Justin Tilbrook (Astronomical Society of South Australia)
Explicación: a adorable coma verde do cometa 252P/Linear, amosándose abraiantemente brillante, posa próxima á Gran Nube de Magallanes nesta paisaxe celeste meridinal. A morea de exposicións con teleobxectivo foi captada o 16 de marzo desde Penwortham, (Australia do Sur). O 252P/Linear, recoñecido coma un cometa periódico, da familia Xúpiter, voltará a achegarse ao noso fermoso planeta o 21 de marzo, pasando a só 5,3 millóns de quilómetros de distancia. Iso vén a ser 14 veces a distancia Terra-Lúa. De feito, é un dos dous cometas que realizarán achegamentos destacados nos vindeiros días como o moito máis feble cometa Pan-STARRS (P/2016 BA14) que chegará a 3,5 millóns de quilómetros (9 veces a distancia Terra-Lúa) o 22 de marzo. Os dous teñen órbitas moi semellantes, suxerindo unha posible orixe como parte do mesmo cometa. Ámbolos dous cometas, que atravesando axiña o ceo pola súa proximidade á Terra, moveranse aos ceos setentrionais decontado.