Aurora fénix sobre Islandia

PhoenixAurora_Helgason_960Créditos a imaxe e copyright: Hallgrimur P. Helgason. Anotacións flotantes: Judy Schmidt
Explicación: xa marcharan a casa todos os observadores de auroras. Polas 3:30 am en Islandia, nunha noite queda do setembro pasado, moitas das auroras nocturnas xa se esvaeceran. Aínda que de súpeto, un novo estoupido de partículas fluíu desde o espazo, alumeando de novo a atmosfera da Terra. Nese momento, de xeito abraiante e pareidolia mediante, crearon unha forma asombrosa con reminiscencias dun fénix xigante. Co equipamento fotográfico a punto tiráronse dúas imaxes rápidas do ceo, seguidas de inmediato por unha terceira da paisaxe. A montaña do fondo é Helgafell, mentres que o río pequeno do primeiro plano chámase Kaldá, ámbolos dous a uns 30 quilómetros ao norte da capital islandesa de Reykjavik. Os observadores celestes estacionais notarán que xusto por riba da montaña, cara a esquerda, está a constelación de Orión, mentres que o Pcúmulo aberto das Pléiades tamén se pode ver xusto por riba do centro do cadro. A nova aurora durou só un minuto para non voltar nunca, posiblemente despedida coma unha aberración engalanada, se non fose capturada no mosaico publicado de imaxes compostas dixitalmente.