O espectro dun flash do Sol

Spectrum at C2 Chromosphere, Prominence, Corona © Len Fulham

Spectrum at C2 Chromosphere, Prominence, Corona © Len Fulham

Créditos da imaxe e copyright: Len Fulham
Explicación: nun flash, o 9 de marzo o espectro visible do Sol cambiou da absorción á emisión durante a eclipse total solar. Ese intre fuxidío, ao comezo da fase total da eclipse, está capturada polo teleobxectivo e a grella de difracción nesta imaxe dos ceos despexados sobre Ternate, Indonesia. Á esquerda, a luz cegadora do Sol está bloqueada xusto polo disco lunar. O espectro da fotoesfera solar, normalmente dominado pola absorción, está agochado. O que queda, esparexido pola grella de difracción nas cores do espectro do Sol eclipsado, á dereita, son imaxes individuais da eclipse. As imaxes aparecen para cada lonxitude de onda da luz emitida polos átomos ao londo do delgado arco visible da da cromosfera solar e nunha prominencia enorme que se estende máis alá do limbo superior do Sol. As imaxes máis brillantes, ou cliñas de emisión cormosférica máis fortes, débense aos átomos de hidróxeno que producen a emisión vermella do hidróxeno alfa no extremo dereito e a emisión azul do hidróxeno beta á esquerda. No medio, a brillante imaxe de emisión amarela está provocada por átomos de helio, un elemento que se descubriu por primeira vez no espectro flash do Sol.