O tránsito da sombra lunar

eclipse_epc_2016068_4_1024Créditos da imaxe: NASA, NOAA/DSCOVR
Explicación: esta instantánea desde o espazo fondo capta o planeta Terra o 9 de marzo. A sombra da súa gran lúa está a caer no hemisferio alumeado polo Sol do planeta. Camiñando cara o leste (de esquerda á dereita) e atravesando o mundo cuberto de océanos, a sombra lunar moveuse rapidamente na dirección da rotación do planeta. Como é natural, os cidadáns da Terra situados preto da liña central do camiño da sombra ollaron este tránsito da sombra lunar coma unha breve eclipse total de Sol. Desde unha perspectiva espacial, a vista deste tránsito da sombra entre a Terra e o Sol foi proporcionada pola Earth Polychromatic Imaging Camera (EPIC ou Cámara de Fotografado Policromácito da Terra) da nave espacial Deep Space Climate Observatory (DSCOVR ou Observatorio Climático do Espazo Fondo).