Zapatos de eclipse solar na aula

sofi20mar15_floor2-bCréditos da imaxe e copyright: Astronomie-AG, Progymnasium Rosenfeld, Till Credner, AlltheSky.com
Explicación: a eclipse solar total do 8/9 de marzo será a única eclipse total de 2016. A sombra escura a lúa nova perfila un camiño limitado e estreiro polo planeta Terra de visión da fase total, recalando en Indonesia e seguindo na maior parte polo océano Pacífico. Aínda que unha rexión moito máis grande será testemuño dun Sol parcialmente eclipsado; a contemplación da eclipse con seguridade pode ser realmente sinxela. Unha técnica amósase nestre retrato de grupo de zapatos desde unha aula de Rosenfeld (Alemaña), tomado durante a eclipse solar de marzo de 2015. Coas persianas pechadas para escurecer a habitación, cada burato da persiana crea unha cámara estenopeica, proxectándose imaxes múltiples do Sol eclipsado que desfilan polo chan. Outras alternativas de visión inclúen lentes de eclipse e unha cadeira cómoda, pero asegúrate de levar posta a camiseta de eclipse de moda.

Televisión da NASA: a cobertura en directo da eclipse comeza ás 8 p.m. ET.