Estraño rasgo que desaparece agora en Titán

TitanLakeThing_Cassini_960Créditos da imaxe: Cassini Radar Mapper, Cornell, JPL, ESA, NASA
Explicación: que é ese obxecto que varía nun frío mar de hidrocarburos de Titán? As imaxes de radar procedentes da sonda espacial automática Cassini que orbita Saturno estiveron a rexistrar a superficie da lúa Titán, envolta en nubes, durante anos. Cando rexistrou a superficie plana, e por tanto escura no radar, do lago de metano e etano chamado Ligeia Mare, apareceu un obxecto en xullo de 2013 que non estaba aí en 2007. As seguintes observacións de agosto de 2014 atoparon que o obxecto ficaba; pero cambiara. Nunha imaxe publicada a semana pasada, o obxecto misterioro semella ter desaparecido en xaneiro de 2015. A imaxe publicada en falsa cor amosa como o objexto de 20 quilómetros de lonxitude apareceu, cambiou e marchou. As explicacións actuais sobre a súa orixe especulan con ondas, burbullas de escuma e sólidos flotantes, pero aínda nada é certo. As observacións furutas, en particular o sobrevoo próximo final da Cassini por Titán en abril de 2017, poida que chegue a resolver o enigma ou abrilo a máis especulacións.

Astrofísicos: navega polos máis de 1.200 códigos da Astrophysics Source Code Library