Lúas e Xúpiter

WANINGGIBBOUSMOON_JUPITER_2Cruden1024Créditos da imaxe e copyright: Phillip A Cruden
Explicación: algunhas das lúas máis grandes do Sistema Solar aparecían xuntas o 23 de febreiro. Nesa noite, unha parella crepuscular da Lúa e Xúpiter en cuarto minguante foi capturada nesta definido campo de vista telescópico. A composición de exposicións curtas e longas desvela a faciana familiar do gran satélite natural do noso fermoso planeta, xunto cunha aliñación das catro lúas galineanas do dominante xigante gasoso. De esquerda á dereita, as pequenas alfinetadas de luz son Calixto, Ío, Ganímedes [Xúpiter] e Europa. O noso propio satélite natural, máis preto e brillante, semella ameazar co seu tamaño. Pero realmente Calixto, Ío e Ganímedes son máis grandes que a Lúa da Terra, mentres que o mundo acuático de Europa é só lixeiramente máis pequeno. De feito, dos seis satélites planetarios máis grandes do Sistema Solar só a lúa Titán de Saturno se perde a escena.