Nubes estrañas sobre Hong Kong

LenticularIridescence_Lee_960Créditos da imaxe e copyright: Alfred Lee
Explicación: que é iso do ceo? A comezos deste mes, moi alto no ceo por riba de Hong Kong (China), non apareceu só unha estraña clase de nube; foron dúas. Por diante estaba unha nube lenticular longa, unha nube que se forma preto das montañas ao subir o aire e que poden semellar para a algúns unha nave espacial alieníxena. Máis arriba no ceo, e máis ao fondo, estaba unha nube iridescente chea de cor. As nubes iridescentes están compostas de pingas de auga de tamaño parecido que difractan as diferentes cores da luz solar en cantidades diferentes. O máis afastado do fondo é o Sol, bloqueado da visión directa pola opaca nube lenticular, pero fornecendo a luz para as cores da iridescente. Ámbolos dous tipos de nubes son raras de ver en Hong Kong e, por desgraza, desapareceron só despois duns poucos minutos.