A nebulosa Tarántula

Tarantula-HST-ESO-SS1024Créditos da imaxe e copyright: Procesado – Robert Gendler, Roberto Colombari
Datos – Hubble Tarantula Treasury, European Southern Observatory
Explicación: a nebulosa Tarántula, una rexión de formación estelar xigante no interior da achegada galaxia satélite a Gran Nube de Magallanes a uns 180 milleiros de anos luz de distancia, ten máis de un milleiro de anos luz de diámetro. O arácnido cósmico, a rexión de formación estelar máis grande e violenta coñecida en todo o Grupo Lobal de galaxias, espállase por esta espectacular composición construída con datos de imaxes de telescopios espaciais e terrestres. Dentro da Tarántula (NGC 2070), a radiación intensa, os ventos estelares e as sacudidas das supernovas desde as estrelas masivas do cúmulo central novo, catalogado coma R136, alimentan o brillo nebular e moldean os filamentos de arañeira. Ao redor da Tarántula hai outras rexións de formación estelar con cúmulos de estrelas novas que inchan nubes con forma de burbulla. De feito, o recadro inclúe o lugar da supernova máis achegada da época moderna, SN 1987A, na parte inferior dereita. O rico campo de visión abarca máis ou menos 1 grao ou 2 lúas cheas, na meridional constelación Dorado. Pero se a nebulosa Tarántula estivera máis preto, digamos os 1.500 anos luz de distancia como a rexión local de formación estelar da nebulosa de Orión, ocuparía a metade do ceo. it would take up half the sky.