NGC 2403 en Camelopardalis

NGC2403HaLRGBColesHelm1024Créditos da imaxe e copyright: Eric Coles e Mel Helm
Explicación: o magnífico universo illa NGC 2403 fica no interior dos límites da constelación de longo pescozo de Camelopardalis. A galaxia espiral, a uns 10 millóns de anos luz de distancia e cuns 50.000 anos luz de diámetro, tamén semella ter máis cá súa parte equitativa de grandes rexións HII de formación estelar, sinaladas polo desvelador brillo avermellado do gas hidróxeno atómico. As rexións HII xigantes son activadas polos cúmulos de estrelas masivas e quentes, que explosionan coma supernovas brillantes no final das súas vidas curtas e furiosas. NGC 2403, un membro do grupo M81 de galaxias, parécese de preto a outra galaxia con abundancia de rexións de formación estelar que se atopa dentro do noso propio grupo local de galaxias, M33 ou Galaxia Triángulo. As estrelas brillantes de aparencia picuda neste retrato cheo de cor de NGC 2403 están no primeiro plano, dentro da nosa propia Vía Láctea.