Galaxias no río

N1532_LRGB_50_finishCedic1024Créditos da imaxe e copyright: CEDIC TeamProcesado: Markus Blauensteiner
Explicación: as galaxias grandes medran comendo ás máis pequechas. Incluso a nosa propia galaxia practica o canibalismo galáctico, absorbendo galaxias pequenas que se achegan moito e son capturadas pola gravidade da Vía Láctea. De feito, a práctica é común no universo como se ilustra nesta parella impresionante de galaxias interactuando desde os bancos da constelación meridional Eridanus, o Río. Localizada a uns 50 millóns de anos luz de distancia, a gran espiral retorta de NGC 1532 pode ollarse trabada nunha loita gravitatoria coa galaxia anana NGC 1531 (á dereita do centro), unha loita que a galaxia máis pequena perderá ao final. A espiral NGC 1532, vista de canto, abarca uns 100.000 anos luz. Ben detallada nesta imaxe definida, pénsase que a parella NGC 1532/1531 é semellante ao sistema ben estudiado dunha espiral de cara e unha compañeira pequena coñecido coma M51.

APOD galego en directo: charliña sobre as fotos do ano 2015 en Ourense, Vigo e Santiago de Compostela. Consulta lugar, día e hora.