O Cometa 67P desde a nave espacial Rosetta

Comet67P_Rosetta_960Créditos da imaxe e licenza: ESA, Rosetta, NAVCAM
Explicación: a sonda espacial Rosetta segue a rodear e cartografar ao cometa Churyumov-Gerasimenko. A nave espacial automática, que atravesou o Sistema Solar interior durante dez anos para chegar á veciñanza do cometa en 2014, continúa a fotografar o estraño núcleo cometario de dous lobos. A imaxe publicada, tirada hai un ano, amosa po e gas que fuxe desde o núcleo do cometa. Aínda que apareza aquí brillante, a superficie do cometa reflicte só un catro por cento da luz visible que lle impacta, facéndoo tan escuro coma o carbón. O cometa 67P/Churyumov–Gerasimenko abarca uns catro quilómetros de lonxitude e ten unha gravidade superficial tan baixa que un astronauta podería dar un chimpo e despegar desde el. Coa Rosetta a remolque, o cometa 67P pasou polo punto máis achegado ao Sol o ano pasado e agora está a dirixirse cara o punto máis afastado; xusto ao pasar a órbita de Xúpiter.

Astrofísicos: navega polos máis de 1.200 arquivos da Astrophysics Source Code Library