Un mencer de cinco planetas


See Explanation. Clicking on the picture will download the highest resolution version available.
Créditos da imaxe e copyright: Jose Antonio Hervás
Explicación: Amentre xaneiro remate e nos vindeiros días de febreiro, os madrugadores poden enxergar a simple vista os cinco planetas antes do mencer. Aínda que haberá quen reclame ollar seis planetas, nesta vista panorámica desde a beira do mar atopábanse os cinco errantes celestes por riba do horizonte xunto cunha brillante Lúa en cuarto minguante o 27 de xaneiro. Case aliñados xunto co plano da eclíptica, pero non en liña xo Sol, os cinco planetas espállanse ben uns 100 graos ao través do ceo. Chegando xusto á escena previa ao mencer, un fugaz Mercurio fica por riba do horizonte surleste dentro da luz dourada do mencer que se achega.

APOD galego en directo: charliña sobre as fotos do ano 2015 en Ourense, Vigo e Santiago de Compostela. Consulta lugar, día e hora.